ESCRIBAMOS LA HISTORIA / ESCRIBAMOS A HISTORIA




ESTAMOS EN

http://vigo.tomalaplaza.net

ASAMBLEA GENERAL EN Pz. RIBADAVIA (LA FAROLA)
MARTES, VIERNES Y DOMINGO DE CADA SEMANA A LAS 20:00h.

ASEMBLEA XERAL EN Pz . RIBADAVIA (A FAROLA)
MARTES, VENRES E DOMINGO DE CADA SEMANA ÁS 20:00h.

______________________________________

CAMPAMENTO: PZ. DEL REY (Ayuntamiento)
PUNTOS DE INFORMACIÓN: PZ. DEL REY (Ayuntamiento) y PZ. DE RIBADAVIA (La Farola).

CAMPAMENTO: PRAZA DO REI (Concello).
PUNTOS DE INFORMACIÓN: PZ. DO REY (Concello) e PZ. DE RIBADAVIA (A Farola).


(Castellano e Galego)

miércoles, 1 de junio de 2011

ACTA ASAMBLEA 30/05/11 (TEXTO ÍNTEGRO)

* Advertencia de que hai cámaras (de TV) grabando.

1. Lectura acta 28/05/11

Aprobada por 148 votos a favor.

2. Ronda informativa de Comisións.

Cultura:

Concertos.

Cursos A.VV. Casco Vello.

Amalgama (iniciación soldadura, electrónica práctica, teatro, español para extranxeiros, axedrez, baile africano)

Org. Asemblea:

Cometido: facer a Asemblea o máis democrática, aberta, transparente e vinculante.

Invitación á participación.

Loxística:

Agradecimientos e explicación de distribución de materias.

Información:

Pide axuda e propón que todos sexamos informadores.

Invitación a participar no “flashmob”.

Transmite a intención da chegar a todolos barrios.

3. Apoio aos afectados (por cargas policiais) noutras concentracións e acampadas.

- Comunicación dun compañeiro que ven de AcamapadaSol. Alega en apoio dos participantes e explicación dos métodos seguidos en A.Sol.

Lectura comunicado A.Sol.

Pide o apoio a petición de que ós detidos lles sexa sobreseida a causa (sen pasar polo proceso xudicial)

- Proposta de valoración e votación na Asemblea.

- Proposta de concentración no Consulado Francés en Vigo. Invitación a participación.

- 1º Turno aberto de palabra) Previsión sobre a posibilidade dun desaloxo. Prevención en Vigo ante a situación en Santiago (posible desaloxo): recoller tlfnos. e aviso vía S.M.S. Chamamento á organización para a previsión. Invita á votación sobre o comunicado de A. Sol.

- 2º) Lectura dun escrito en apoio ao movimento en Barcelona e París

- 3º) Alegato a favor da policía de eiquí: son cidadáns que apoian este movimento.

- 4º) Cuestionase se realmente convivimos cunha crise económica ou de valores. Pide que apostemos por un sistema máis humano.

- 5º) Incide: máis humano, solidario e autoxestionado. Fala da reacción da xente reacciona frente á represión. Convoca a ir frente ao consulado francés.

Apróvase por unanimidade a proposta de redactar un comunicado de apoyo a París e concentrase pacíficamente frente ao Consulado francés (camelias 56-58 ás 12:00): rechazando á violencia e o desaloxo..

4. Onde se vai celebrar a Asemblea? Na farola ou na Praza do Rei?

- 1º turno aberto de palabra) Manifiesta su indignación por voltar a decidir este punto.

Moderardora) explica que nesta trátase de discutir a localización da Asemblea.

- 2º) Chama a cohesión e propón quedarse: chamase máis a atención.

- 3º) Aclara que anteriormente se decidirá a localización da Acampada e agora trátase da Asemblea. Propón realizar ambas na Praza do Rei.

- 4º) Opina que a Asemblea sexa tamén na Praza do Rei y que na farola se manteña un posto de información.

- 5º) Fai notar que aquel día votou xente allea ao campamento. Propón Asemblea na farola e acampamento na Praza do Rei.

- 6º) Defende a Asemblea coma espirito do movimento. Manifestase en contra do exceso de organismos no movimento.

- 7º) Critica que este punto se leve a debate, alega que é algo que xa está votado. Pide seriedade.

- 8º) Chama a calma. Sontén a idea dunha expasión. Insiste no seu apoio e anima a cidadanía a participar.

- 9º) Cuestiona que xa se decidese que as Asembleas foran na Praza do Rei.

- 10º) Propón que a Asemblea sexa na farola porque así creariase un fluxo entre os dous puntos.

- 11º) Critica o inmovilismo. Chama a acción.

- 12º) Propón Asemblea na farola.

- 13º) Propón Asemblea na farola.

- 14º) Propón Asemblea na farola.

- 15º) Propón Asemblea na farola.

- 16º) Manifesta o seu excepticismo a quedarse na farola: hai que tratar achegarse a xente e non a inversa. Propón desenvolver propostas certeras para involucrar a cidadanía.

- 17º) Defende a cercanía da farola. Propón Asemblea na farola.

- 18º) Chama á organización. Propón Asemblea na farola. Defende o traballo organizativo e invita a retomar as reinvidicacións.

- 19º) Volta a propoñer Asemblea na Praza do Rei. Alega que alí tamén se está ben comunicado. Aboga pola humanización desta Praza.

- 20º) Defende a unidade como forza.

- 21º) Propón Praza do Rei. Explica diferenzas entre Vigo e Madrid. Aboga pola expansión: dous sitios mellor que un.

- 22º) Defende a visibilidade frente a comodidade. Interrogase de como fortalecer as Asembleas de xeito soberano e popular. Aboga pola expansión.

- 23º) Da ánimos.

- 24º) Propón no abandonar nengún das dúas prazas. Relativiza a importancia da localización da Asemblea. Opina que Vigo e Madrid non son comparables neste sentido. Propón máis traballo nos barrios.

- 25º) Relativiza. Pide espallala información polos barrios. Propón Asemblea na farola porque ten máis visibilidade.

- 26º) Pide responsabilidade no exercio do voto.

- 27º) Reclama unidade. Considera que discutila localización da Asemblea non é serio. Apoia a decisión de movela Asemblea conxuntamente coa acampada a Praza do Rei. Sinala que o Concello debería prestar as súas instalacións se fose necesario. E pide respeto polo traballo xa feito no campamento da Praza do Rei.

- 28º) Propón Asemblea na farola.

- 29º) Manifesta que xa se está traballar nos barrios.

- 30º) Propón Asemblea na farola. Defende a igualdade de dereitos, entre acampados e non, a participar neste debate: cada un participa según as súas posibilidades.

- Moderadora) recapitula e sintetiza opcións: 1) Asemblea na farola.

2) Asemblea na Praza do Rei.

3) Alternancia.

- Intervención) Manifesta que non entende as propostas.

- Intervención) Aclara que no punto 3) non se está plantexando a perioricidade da Asemblea, se non a alternancia entre as dúas localizacións posibles. A decisión da perioricidade está ainda pendente.

- Intervención) Propón dilatar a perioricidade.

- Moderadora) Amplia unha opción 4) Asemblea na Praza do Rei, reunión de Comites e Xuntas no entorno da farola.

Votación:

1) 88 votos a favor

2) 37

3) 36

4) 14

5) 15 en branco

5. Turno de rogos e preguntas.

- 1º turno aberto de palabra) Manifesta a seu malestar polo uso de linguaxe sexista. Sinala que hoxe no se concretou nada de importancia e urxe a facelo.

- 2º) Apoia a intervención anterior: hai que usala Asemblea para reflexionar. Considera que hai un abuso da votación. Chama a desobediencia civil legal e pacífica, ainda que considera que as veces o respeto a legalidade impide avanzar e non hai que ter medo a posible represión.

- 3º) Considera que hoxe houbo unha asemblea suave para non falar de política. Manifestase en contra da non politización da Asemblea. Considera que se está a perder tempo en chorradas e denuncia a censura.

- 4º) Considera que aquí estamos buscando unha ideoloxía porque as xa establecidas non funcionan e aquí trátase de procurar unha practicable.

- Moderadora) Chama a calma

- 5º) Manifesta a súa vontade de loitar polo “8 PUNTOS”. Considera que esquerdas e dereitas son iguais.

- 6º) Considera que as ideas políticas separan a xente.

- 7º) Sinala que aquí cabe xente de todalas idades e todalas ideoloxías. Considera que as accións son moi importantes. Pide máis respeto.

- 8º) Recorda que existe un obxetivo común e que é preciso ter a cabeza clara para acadalo. Propón escribir as nosas ideas non billetes xa que están obrigados a aceptalos.

- 9º) Considera que aquí hai boa fe, mais manifesta que querer renunciar as ideoloxías de esquerda e dereita é un discurso fascista. Recomenda recordar a historia para ver como tamén Hitler e Franco sostiñan ese discurso anti-ideoloxico e a superación do esquema esquerda-dereita.

- 10º) Considera que efectivamente os fascistas non querían que a xente se posicionase na esquerda ou na dereita, mais relativiza isto poida suceder aquí, porque no debate das asembleas é cando a xente vese obrigada a posicionarse.

- 11º) Manifesta o seu respeto a todalas posicións. Pide unidade. Considera que o fascismo é igual de esquerdas que de dereitas. Pensa que está é a primeira pedra dun camiño.

- 12º) Considera que temos un problema de linguaxe e que a cultura está vanalizada nun divertimento. Pide unidade. Urxe a entrar en cuestión. Pide tranquilidade e valora o traballo xa feito polos comites e tódalas persoas participantes.

- 13º) Relativiza o conflicto esquerda-dereita, considera que certos conflictos son inevitables, parecelle un debate rico mais pide calma. Sinala o rol conflictivo do diñeiro na nosa sociedade e apoia a proposta de escribir nos billetes.

- 14º) Manifesta que a política separou a xente e pide unha nova ideoloxía para avanzar.

- 15º) Reclama un emprego axeitado da Asemblea: para tomar decisións.

- Moderadora) Considera concluido o turno de rogos e preguntas (máis na mesa continúan a levantar acta).

6. Micro aberto

- 1º turno de palabra aberto) Reclama dereito a liberdade de expresión. Considera que expresa o seu posicionamento político non vai contra o apartidismo da acampada. Pide expulsar aos afiliados a falanxe e os “humanistas”.

- 2º) Sinala que onte saiu en no interné de AcampadaVigo publicouse un video youtube fascista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario