ESCRIBAMOS LA HISTORIA / ESCRIBAMOS A HISTORIA




ESTAMOS EN

http://vigo.tomalaplaza.net

ASAMBLEA GENERAL EN Pz. RIBADAVIA (LA FAROLA)
MARTES, VIERNES Y DOMINGO DE CADA SEMANA A LAS 20:00h.

ASEMBLEA XERAL EN Pz . RIBADAVIA (A FAROLA)
MARTES, VENRES E DOMINGO DE CADA SEMANA ÁS 20:00h.

______________________________________

CAMPAMENTO: PZ. DEL REY (Ayuntamiento)
PUNTOS DE INFORMACIÓN: PZ. DEL REY (Ayuntamiento) y PZ. DE RIBADAVIA (La Farola).

CAMPAMENTO: PRAZA DO REI (Concello).
PUNTOS DE INFORMACIÓN: PZ. DO REY (Concello) e PZ. DE RIBADAVIA (A Farola).


(Castellano e Galego)

martes, 24 de mayo de 2011

ACTA ASAMBLEA 24/05/11

Galego

Nota: por ausencia de persoal no departamento de secretaría esta acta foi levantada moi someramente por un membro da Comisión de Organización: Acampada Vigo pide disculpas a todolos participantes nesta Asemblea pola falta dalgúns datos relevantes no desenvolvemento da mesma)

O Moderador da Asemblea introduce,con carácter de urxencia, a necesidade de alterear a Orde do Día de hoxe, de xeito que o primeiro ponto que se someta a esta sexa a Proposta dunha Metodoloxía da Asemblea por parte da Comisión de Organización da Asemblea (revisable: pendente de máis información, debate e reaprovación)

– Votación:

a favor: 133

en contra: 1

– O voceiro da Comisión de Organización da Asemblea procede coa proposta dos puntos da Metodoloxía da Asemblea:

– 1º Criterios para que unha Asemblea poida comezar

Aprobado por consenso.

– 2º Metodoloxía de Votación

Aprobado por consenso.

– 3º Estructura da Asemblea

Aprobado por consenso

– 4º Turnos de palabra

Aprobado por consenso.

– Intervención:

– É preciso máis tempo e información para discutila metodoloxía, continúa expondo certos aspectos para enriquecela proposta do Comité de Asemblea:

– Censo asambleario (contaxe de votos e abstinencia)

– Principio de solidaridad (todas as persoas asistentes son corresponsables de que ninguén vote dúas veces)

– Corpo da Asemblea (moderador/a, secretarío/a de palabra e borrador de actas)

– Información dos temas a tratar

– Flexibilidade no tempo e turnos de palabra

– Votación e aprovación por unanimidade da Metodoloxía da Asemblea (excepto algúns puntos a concretar)

– Descanso e reanudación.

– O moderador plantexa á Asemblea a votación de se continúa cun “micro aberto” en vez de retomar a Asemblea no punto da Orde do Día (posposta dende Asemblea do día 23- anterior): “Proposta de mínimos: Reforma da lei electoral, Separación efectiva de poderes, Creación dunha lei de transparencia política e administrativa, Tipificación da mala praxe dos cargos públicos coma delito”

Votación:

A favor: 43

En contra: 44

– Proposta:

- Reforma da lei electoral.

- Separación efectiva de poderes.

- Creación dunha lei de transparencia política e administrativa.

- Tipificación da mala praxe dos cargos públicos coma delito.

– 1ª réplica:

- Circuscripción única

- Nacionalización da banca

- …

– 2ª réplica:

- É preciso examinar as leis

- É preciso a proposta de mínimos, concretar para unir

– 3ª réplica:

- Engadir control a banca

- Banca privada que non teña beneficios

– 4ª réplica:

- Propón contemplar a abstención á proposta de mínimos

– 5ª réplica:

- É preciso informar ao votante

- Propón que nas mesas electorais sexan conformados por parados e xente con renta baixa

– 6ª réplica:

- Fai crítica á forma e contido da proposta de mínimos

- Propón incluir Lei Hipotecaria, mínimos salariales e outras medidas sociais

– 7ª réplica:

- Propón incluir democracia con representación

- Obrigatoriedade do referendum para as leis máis importantes

- Adopción da democracia coma xeito de vida

– 8ª réplica:

- Que calquer lei do Parlamento deba pasar polo referendum

– 9ª réplica:

- Manifestase a favor destes de catro puntos para a proposta de mínimos

– 10ª réplica:

- En Teis, o luns, as 8:30 falarase da lei hipotecaria

– 11ªréplica:

- Esixese un acordo dos 4 puntos desta proposta, pero meditandoo e consensuado e sen límite de tempo.

– 12ª réplica:

- Supresión da monarquía

– 13ª réplica:

- Propón a concreción dos puntos para traballalos e despois amplialos.

– Féchanse as réplicas.

– Pequeno lapso, no que se representa o movemento de Democracia Real Xa.

– Vótase e apróbase por unanimidade continuar a traballar coa “Proposta de mínimos: Reforma da lei electoral, Separación efectiva de poderes, Creación dunha lei de transparencia política e administrativa, Tipificación da mala praxe dos cargos públicos coma delito”

– Fin da Asemblea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario