ACTA 27/05/11
0.- Mesa
Moderador:
Mide os tempos: Adrián.
Contan os votos: dous voluntarios.
Tomando acta: Marta e Raquel.
1.-Lectura e aprobación da acta de onte.
Votos a favor: 100
Votos en contra: 0
Abstención: 52
SE APRUEBA EL ACTA DEL DÍA 26 DE MAIO DE 2011
2.-Orden de día:
-Discusión das datas e asiduidade con que se farán as asembleas:
Se presenta unha proposta dende comisión de organización: durante 3 xornadas seguidas desenvólvense os puntos mínimos para debater e definir, da man de especialistas no tema; no terceiro día faise unha Asemblea xeral onde se vota sobre o tema.
Esperamos máis propostas a través da caixa de suxerencias ou o correo mail: .
-O orde do día de hoxe consistía en falar acerca da metodoloxía constituínte de Asemblea; como se decidira no día . Pregúntase á Asemblea se quere falar da metodoloxía ou comentar o que ocorreu na Acampada de Barcelona a mañá do día 27 de maio (hoxe)
Votos a favor de Barcelona: 170
Votos a favor da metodoloxía: 58
Abstencións: 16
APRÓBASE CENTRAR A ORDE DO DÍA EN BARCELONA
(Un ciudadano pide trinta segundos de microTodos os últimos venres de mes, una pequena concentración en fronte do instituto Santa Irena (Praza América, zona Las Traviesas).
3.-Turnos de palabra.
1º falante) A parte de denunciar a brutalidade policial, quería que nos fixásemos no robo de informática. Queren recoller toda a información posible, entrometéndose na intimidade.
2º falante) Estase a preparar unha manifestación as 18:00 horas o día 19 de xuño, a nivel Europa. Tamén en Vigo. Aínda estamos preparando o recorrido, pois non temos o permiso do concello, pero publicaremos máis información no noso blog, twitter e facebook.
3º falante) Pídese a dimisión de Artur Mas. A represión fai aumentar o movemento, non o fai recuar. Canto máis nos repriman, máis homes e mulleres haberá nas rúas españolas. Viva a liberdade, viva a igualdade social.
Comisión de informática) Acaba de subirse a internet que un dos heridos graves de Barcelona, segue nun estado de risco cun pulmón perforado.
4º falante) Aquí está vindo xente que está a dicir que somos de extrema esquerda. Eu non son de extrema esquerda, e non necesito selo para ver as inxustizas e a corrupción deste mundo. Ademáis os extremos nunca son boos.
5º falante) Esto estanos a abrir os ollos, coñecemos xente coa que nunca pensaramos ter nada en común. Isto é un movemento para todos, sen importar as diferenzas. Estamos unidos porque todos somos persoas.
6º falante) Hai persoas que cando escoiten o que pasou en Barcelona non se senten aludidos. Tratan de amedrentarnos. Temos que estar unidos. Onde están as siglas? Onde os sindicatos? Saíde á rúa, protestade; ten que haber feitos.
7º falante) Quería dar as grazas a toda a xente que está aquí, que é moitísima. Levo aquí dende o xoves, e fun vendo cómo se ían desenvolvendo a xente, os debates, os enfrontamentos, as cousas de esquerdas e dereitas; pero hai algo máis importante: somos humanos. É moi difícil organizar un evento coma este, e coordinalo con España e o resto do mundo, pero o feito que aconteceu hoxe, 43 persoas ou cantas foran, que foron maltratadas, a todos nos doe na nosa pel. E se todos temos pel, a pel non é nin de dereitas, nin de de esquerdas, e iso témolo que recordar. Estou emocionada, realmente emocionada.
Comité de Educación e Cultura) A partir de 1 de xuño, realizaránse as seguintes actividades:
-A continuación, ponse unha entrevista realizada ao director dos mossos d’esquadra feita esta mañá. (Dirección web)
8º falante) Fala un membro da CIGA, as políticas de privatización dos bens públicos xa se aplicaron e foron os campos de proba na Gran Bretaña (billy Elliot) de Margaret Tatcher e de Ronald Reagan en EE. UU. Ambos centráronse en destruir aos sindicalistas. O obxectivo último do capitalismo é acadar unha renda moito máis desigual. O primeiro que fixeron os republicanos cando gañaron nas últimas eleccións (á metade do parlamente) foi redactar duras leis antisindicais. Están privatizando as pensións. O capital só ten dous inimigos: os movementos sociais e o movemento sindical. E non somos perfectos, pero podemos traballar xuntos para conseguir o que todos queremos.
9º falante) Agora mesmo non son de esquerdas, nin dereitas nin nada; a min estanme a complicar a vida e eu respondo e loito por poder vivir, porque e iso o que quero. Eu non quero que se fale de políticas aquí, aínda que estean aquí. Porque a base non é esa. Eu quédome coas opinións e ideas das persoas, se me dis que é da CIGA, entón perde todo o sentido.
10º falante) Quero retomar o tema de Barcelona, porque así o votamos neste asemblea democrática. Ao parecer había algunha xente que estaba rachando os camións da basura e que iso foi o que comezou o problema. Miña opinión é que é un desaloxo algo encuberto, e que a represión foi brutal e coma sempre
11º falante) O que pasou en Barcelona é a causa de que divagemos. O que temos que facer agora é buscar as cousas que nos unen: como o non querer darlle diñeiro aos mesmos bancos que nos afogan con clausulas abusivas étc. O que pasou e Barcelona foi brutal, pero hai que centrarse. O problema deste sistema é que está corrupto; o primeiro que hai que facer é baixar os soldos de 6000; controlar aos bancos aos que lle damos o noso diñeiro étc.
12º falante) Eu non sei porque extraña o que aconteceu en Barcelona, pois os antecedentes dos soldados antidisturbios son ben coñecidos. O que ten que ir a votación nesta asemblea é a disolución do corpo anti-disturbios.
13º falante) Moitos teríades lido un libro que se chama a doutrina do shock que desenvolve unha das grandes estratexias do capitalismo, que é provocar grandes shocks na sociedade que logo utiliza para derrubar moitas medidas de protección do sistema. Hoxe, Barcelona, é un shock para todos nós, represión que tamén ocorreu en Vigo, o 27 de xaneiro en folga xeral, e en Santiago de Compostela. E que agora queren anular os convenios colectivos. Aquí é moi fácil aplicar o tema do shock; aquí estase movendo para reformar o sistema político e económico. Un compañeiro comparaba as acampadas cunha visita ao casino; no casino cando vas ganando, sigues ata que ganas demáis e veñenche os seguratas a parar o xogo; así ocorreu en Barcelona. Decidiron que eramos perigosos e quérennos desaloxar. Así é importante definir uns puntos que toquen á economía. Saúde, loita a todos e recordade o que sucedeu nos anos 20, é unha lección histórica aprendida, que xenerou unha guerra mundial; e agora mesmo están a ocorrer moitas guerras que xeran unha grande cantidade de diñeiro.
(Coréase: “NON A GUERRA”)
14º falante: Esta mañá vendo a tele, alucinei vendo como os policías buscaban excusas. O máis alucinante é como o traballador do concello enchía de auga a fonte tamén acabou no lío.
15º falante: quería falar sobre o artigo da Constitución, o 104: os corpos e forzas de seguridad deben garanter que os cidadáns poidan exercer os seus dereitos libremente. Débelle máis fidelidade a constitución que as ordes reprimidas. Dísenos que foran alí a limpar a basura. Que veña un policía e tire a miña pancarte é unha provocación e unha limitación da liberdade de expresión. Estamos con un síndrome de estocolmo, pois Espejo público cubríu a noticia pero tamén decía que nos esposasen a todos.
16º falante: Quero que todos levantedes as mans, e agora imaxinedes que un anti-disturbios ven e bátevos ca porra. É difícil non reaccionar violentamente, pero en Barcelona deixáronse pegar e . Iso é a revolución pacifista, e iso é o que temos que facer.
17º falante: Para levar acabo o desaloxo po hemos podido apreciar que os nosos compañeiros de limpeza ocúpanse diariamente de que todo este limpo e non se corra ningún risco de insalubriedad.
18ª
19º falante: Todolos últimos venres de cada mes saímos Estades dando un maravilloso exemplo a todo o mundo, sodes increíbles.
O tema de Barcelona ten que facernos prestar atención ao tema da violencia. Dísenos que a policía é neutral e so tenta conter aos radicais. Son radicais as nosas reivindicacións. O radical é que telefónica quera despedir a miles de traballadores cando tivo miles de beneficios no último ano, . Reprímese a quen reclama o que és seu, pero iso é unha incongruencia. No momento en que saes a rúa a reclamar o que é teu estás tomando posición. Non somos todos iguais; porque algúns moito, e outros teñen pouco.
21º falante: Na policía hai que saber diferenciar: unha cousa é a policía e outro os mossos d’esquadra ou os antidisturbios. En Vigo a policía apoianos. Han collido os nosos panfletos e repartíronos polos bares.
**Aviso: Tamén intentaron desaoloxar en Lleida, tamén en Badalona.
22º falante: En Barcelona puxeron a excusa de que hai que limpar. Pero o que hai que limpar as inversións dos bancos, hai que limpar . Eles manchan con sangue.
3.- ROGOS E PREGUNTAS.
1º falante) Houbo desaloxo na acampada de Cambados. Veño a falar dos recortes que lles están facendo aos nenos discapacitados. A miña nena necesita un monitor na escola, e a dirección pon trabas porque se ven un neno, logo poden vir máis. A concelleria de educacón practica unha política de xuntamento dos nenos discapacitados. O 1 de xullo hai unha concentración no marco con rapaces especiais. Alí leerase toda a información. Comisión de educación.
2º falante) No hai que pelear hai que evitar pelear para que non pase isto.
3º falante) Escoitar o que teñen que dicir a xente que non pode vir en todo o día. SE nos golpean nos mantémonos agarraos.
4º falante) Eu dinme de conta de que estáis hablando sobr eBarcelona, pero que igual estaría ben facer algo en Vigo; hai moi puocos carris bicis en Vigo, en Vigo hai una marcha os venres. Por iso nos debíamos facer esas cousas se o concello non o quere facer. Penso que pintar un carril bici é algo bastante viable; necesítase pintura e unha persoa que coñeza Vigo para poñer o rumbo. E logo farase unha fiesta.
5º falante) Con todos estos temas que saen a flote con 15-M , quizáis deberíamos prestarlles máis atención, pois moitos destes discapacitados son os que máis dificultades teñen, e que o teñen aínda máis defícil que nós. Non é fácil convivir sen un mínimo de integración, e é necesaio sentir que un cumple a súa función na sociedade.
Com. lexislativa) Que sexades conscientes de que todo o que se di, todas as propostas analízanse e fálanse, para conseguir a súa viabilidade. Recordarvos: seguimos necesitando xente como avogados e estudantes de economía, médicos; xente que teña amplios coñecementos sobre o que queremos facer para que nos axude a perseguir obxectivos realistas.
6º falante) Quixera recordar que o luns as 20.30 hai unha reunión na mesa de converxencia sobre o que se falou aquí das hipotecas e se mostraraá o primeiro auto xudicial no que se lle deu a razón a unha persoa que foi embargada, de forma que era viable que dese a casa en pago. No centro cívico de Teis. Tamén se van intentar buscar signaturas. Hai que tomar parte política, aínda que non cunhas siglas políticas. Houbo unha folga da reforma das pensións e houbo pouca xente; non é xusto que se non te implicas pois non funcione.
7º falante) Quería dar grazas a toda a xente que traballa aquí, que é de todo tipo, que antes parecíame rara; pero isto está sendo a experiencia máis grande da miña vida. Ás veces xulgamos polo aspecto, e de moita xente pensamos que non serven para nada. Traballamos moito e pasamos moitas cousas, pero o resultado está aquí. Necesitamos cousas, porque senón non podemos seguir.
8º falante)Dende varios medios estase intentando boicotear a acampada. Moitas das cousas que se din no internet non son certas. Só o que dicimos nós é certo no noso blogspot. O día que nos movamos para praza do Rei decidirase nesta Asemblea.
9º falante) Hai unha páxina que é Mapa de corrupción en España no googlemaps. Se eu chamo ladrón a un político, vou a cárcel antes que el.
10º falante) Mañá tíñamos a intención de ir aos barrios para difundir as nosas ideas. Non é difícil so hai que explicar o que se fai aquí, o que sentimos étc.
11º falante) “Unha mentira repetida mil veces é verdade”. Os medios de desinformación o único que fan é mentirnos e estafarnos. Por exemplo, non falan claro de Islandia, ou directamente non falan. EN Internet está todo, pero na televisión nos engañan.
12º falante) Aquí hai moito Gandhi e eu penso que había que responder coa mesma contundencia súa. Eu estou a favor do pequeno e mediano propietario, pero non da banca.
***Obxectos perdidos:
-Unha cartera extraviada de Diego Domínguez
-Unha moto peugot? tiña as chaves postas.
13º falante) Campamento de Tarrasa. Alí están evitando que as ordes de deshaucio teñan efectividade; concéntrase fronte aos edificios que van ser deshauciados, sempre de forma pacífica.
14º falante) En casa tiven as discusión cando isto comezou, e eu teño unha esperanza nisto e veo que se está a cumprir. O que máis me gusta é que estamos aprendendo a ser solidarios como cidadáns; estamos sensibilizándonos e aprendendo cosas co resto de persoas que estamos aquí.
15º falante) Estamos preparando unha acción contra os bancos; que cada un retire unha cifra de 155 € , ou 15,5 € ou 1,55€ da conta do banco. Que pidas un extracto e llo envíes ao banco.
FAISE UN MONÓLOGO.
FIN DA ASEMBLEA.
Gracias por haberme dado la opción de expresarme,ví momentos de tensión ,la gente está quemada..pero no debemos perder el norte ,mantenernos en contacto directo con el resto de acampadas (estaría bien escoger un delegado por acampada que mantenga ese contacto,con una lista de teléfonos entre ellos incluso)Hay que organizarse "que son pocos y cobardes"..pero tiene medios y experiencia.Que no nos la jueguen.gracias a la gente que transcribe las asambleas(a las que distraje por despiste un momento,perdonadme),moderadores,la chica que daba los turnos y demás componentes de la organización por su paciencia y tesón.No flaqueéis!
ResponderEliminarPor cierto..lo de bajar los sueldos de 6000euros era por los políticos.´..jeje Para mí un cirujano de urgencias se lo merece...era una simple aclaración ,porque evidentemente es complicado levantar acta..y yo hablo muy rápido..jajaja.Un saludo compañeiros!
ResponderEliminarEnmienda: (Un ciudadano pide trinta segundos de microTodos os últimos venres de mes, una pequena concentración en fronte do instituto Santa Irena (Praza América, zona Las Traviesas).
ResponderEliminarDebera dicir: Un membro da Masa Crítica (MC) Vigo soliciou 30' para lembrar que tódolos ÚLTIMOS VENRES de mes ás 20:00 no Santa Irene (Travesas) sae a MC: concentración espontánea de ciclistas que leva anos reivindicando o Carril Bici para Vigo!
Saúdos e Adiante!