Vigo 19 Marzo de 2011
Acordos da Asemblea
A asemblea de Vigo acorda dous puntos en canto o seu carácter e opinións nas diferentes actividades
-A asamblea é apartidista, sen levar a cabo dende ela ningún tipo de discurso por calquera tipo de intención de voto.
-As ideas verquidas nas diferentes actividades abertas e participativas que teñan lugar serán ideas dos cidadáns que nelas participen sen representar en ningún momento a Asemblea de Vigo .
ORGANIZACIÓN E ESTRUCTURACIÓN
Acordouse que co número de persoas presentes, realizaríanse diferentes comisións (abertos a calquer cidadano que queira participar) onde se debatiron e debatirán diferentes propostas para unha maior participación da cidadanía presente , mellorando a comunicación e xenerando un debate máis fluído. As resolucións obtidas nas diferentes comisións levaranse á Asamblea que tamen será aberta a calquer cidadán que queira participar)
Acordase que a Asemblea é Soberana e todo o acordado nela é vinculante e respectado por todos os seus participantes.
LIÑAS DE TRABALLO:
Determínase seguir as liñas de traballo baseándose nos diferentes puntos que se acordaron coa fin de buscar algo común entre todos os movementos que se están a levar a cabo.
As diferentes comisións encargaranse de debatir ditos puntos para así desenvolver propostas, engadir outras novas ou matizar os puntos do documento básico.
Ademáis da aprobación do documento básico acordouse tamen traballar nas comisións según os seguintes puntos:
Reestruturación da Constitución (flexibilidade de cambio,adaptación á nova sociedade...).
Decidir réxime de Monarquáa mediante referemdum.
Repartición da riqueza.
Restribución e fiscalidade dos impostos.
Abolición da Lei de Hont.
No hay comentarios:
Publicar un comentario