ESCRIBAMOS LA HISTORIA / ESCRIBAMOS A HISTORIA




ESTAMOS EN

http://vigo.tomalaplaza.net

ASAMBLEA GENERAL EN Pz. RIBADAVIA (LA FAROLA)
MARTES, VIERNES Y DOMINGO DE CADA SEMANA A LAS 20:00h.

ASEMBLEA XERAL EN Pz . RIBADAVIA (A FAROLA)
MARTES, VENRES E DOMINGO DE CADA SEMANA ÁS 20:00h.

______________________________________

CAMPAMENTO: PZ. DEL REY (Ayuntamiento)
PUNTOS DE INFORMACIÓN: PZ. DEL REY (Ayuntamiento) y PZ. DE RIBADAVIA (La Farola).

CAMPAMENTO: PRAZA DO REI (Concello).
PUNTOS DE INFORMACIÓN: PZ. DO REY (Concello) e PZ. DE RIBADAVIA (A Farola).


(Castellano e Galego)

sábado, 28 de mayo de 2011

ACTA ASAMBLEA 27/05/11 (TEXTO SINTETIZADO)

(El resumen está hecho por el Comité de Asemblea para facilitar su aprehensión. Se hace atendiendo a los temas objetivos planteados en el Orden del Día: en caso de duda o temores consultar el acta completa. El signo(!?) indica contradicción)

.


1.-Lectura e aprobación da acta de onte.

Votos a favor: 100

Votos en contra: 0

Abstención: 52

APROBASE O ACTA DO DÍA 26 DE MAIO DE 2011

2.-Orden de día:

Discusión das datas e asiudade con que se farán as asembleas.

Metodoloxía constituínte de Asemblea; como se decidira no día .

Pregúntase á Asemblea se quere falar da metodoloxía ou comentar o que ocorreu na Acampada de Barcelona a mañá do día 27 de maio (hoxe)presenta unha proposta dende comisión de organización: durante 3 xornadas seguidas desenvól

Votos a favor de Barcelona: 170

Votos a favor da metodoloxía: 58

Abstencións: 16

APRÓBASE CENTRAR A ORDE DO DÍA EN BARCELONA

3.-Turnos de palabra.

1º) Denuncia a brutalidade e apropiación idebida (de equipos e datos informáticos) por parte da policía.

2º) Non se refire ao tema: comunica a convocatoria dunha manifestación polo noso movemento popular as 18:00 horas o día 19 de xuño, a nivel Europa. Tamén en Vigo: futuras informacións vía blog, twitter e facebook.

3º) Pídese a dimisión de Artur Mas pola súa responsabilidade política na carga policial. Invita a concentración de máis cidadánxs nas rúas españolas.

) Comunica que en Barcelona hai un ferido grave por cilpa da carga policial.

5º) Non se refire ao tema: relativiza a concepto de extrema esquerda e fala das inxustizas e a corrupción deste mundo.

6º) Fala da nosa unidade.

7º) Reclama a movilización coma resposta ao acontecido.

8º) Analiza o debate e o movimento destes días, e sinala que o acontecido en Barcelona debe facernos decubrir a nosa humanidade.

9º) Fala un membro da CIGA, non se refire ao tema, invita a traballar todos xuntos para defender os intereses sociais e dos traballadorxs frente ao neoliberalismo.

10º) Non se refire ao tema: non se posiciona nene na esquerda nen na dereita, prefire os posicionamentos persoais.

10º) Retoma o tema de Barcelona, opinina que se trata dun desaloxo algo encuberto, e que a represión foi brutal e coma sempre.

11º) Opina que o pasou en Barcelona é a causa de que divagemos. Invita a buscar o que nos une frente a corrupción do sistema, propón rebaixa dos salarios máximos e controlar a banca.

12º) Sinala a natureza incívica dos soldados antidisturbios, propón que a asemblea se vote pola disolución do corpo anti-disturbios.

13º) Analiza que en Barcelona cargouse porque o Poder, unha vez máis, considerou que eramos perigosos para os seus intereses. Invita a definir uns puntos tocante á economía. Se despide recordando o que aconteceu na enterior crise capitaliste e a IIGM e que agora mesmo están a ocorrer moitas guerras que xeran unha grande cantidade de diñeiro.

14º) Fala do seu shock a ver as imaxes de Barcelona e coma ata un é traballador do concello que enchía de auga a fonte tamén acabou no lío.

15º) En relación coa carga lembra o artigo 104 da Constitución: os corpos e forzas de seguridad deben garanter que os cidadáns poidan exercer os seus dereitos libremente. Opina que manifestarse na rúa e con pancartas feitas de cartón é un exercicio de liberdade de expresión. A policia débelle máis fidelidade a Constitución que as ordes recibidas. Denuncia a manipulación dos medios de comunicación.

16º) Platexa un exercicio de resitencia pasiva. E lembra que esta é revolución pacifica.

17º) Lembra que para evitar a excusa do desaloxo de Barcelona (falta de hixiene) os nosos compañeiros de limpeza ocúpanse diariamente de que todo este limpo e non se corra ningún risco de insalubriedade.

18º) Non se recolleu.

19º) Non se refire ao tema: e lembra que tódolos últimos venres de cada unha manifestación ciclista arrinca as 20:00 dende a Praza de América. Se congratula do exemplo cívico deste movimento.

20º) Opina que o tema de Barcelona ten que facernos prestar atención ao tema da violencia e instrumentación da policía aos intereses dos poderosos. Reclama máis igualdade social.

21º) Matiza que a carga non a fixo a policía e que foron os mossos d’esquadra ou os antidisturbios (!?). Mentres que en Vigo a policía apoianos.

22º) Lembra que tamén tentaron desaloxar en Lleida e Badalona.

23º) Lembra que en Barcelona puxeron a excusa de que había que limpar. Pero: o que hai que limpar son as inversións dos bancos...

3.- Turno de ROGOS E PREGUNTAS.

1º) Comunica que tamén houbo desaloxo na acampada de Cambados. Recorda as necesidades socias dxs discapacitadxs e dos recortes presupuestarios para estes. Comunica que o 1 de xullo hai unha concentración no Marco por esta causa.

2º) Invita ao pacifismo, así evitaríase isto (a carga policial de Barcelona).

3º) Escoitar o que teñen que dicir a xente que non pode vir en todo o día (!?) Se nos golpean hai que manterse agarrao.

4º) Sinala a necesidade de que haxa carris bicis en Vigo, lembra a convocatoria da manifestación cilcista e propón diseñala e pintala nós mesmos: e despois unha festa.

5º) Retoma o tema das dificultades dos discapacitados.

6ª) (un membro da Com. Lexislativa actúa de oficio) Recorda que todo o que se dí na asemblea analízase para conseguir a súa viabilidade. Recordar: que nesta Com. seguen necesitando xente como avogados e estudantes de economía, médicos... que axude a perseguir obxectivos realizables.

6º) Comunica que o luns as 20.30 hai unha reunión na mesa de converxencia sobre o que se falou aquí das hipotecas (dación da vivenda en pago da hipoteca)Invita a implicarse na loita por estas causas.

7º) Da as grazas a xente que traballa aquí. Finaliza con: necesitamos cousas, porque senón non podemos seguir.

8º) (membro dun comite) Lembra que dende os medios de comunicación hai intentos de boicoter o movimento dicindo informacións falsas sobre o traslado da Parza do Rei. O día que nos movamos para praza do Rei decidirase nesta Asemblea e comunicarase dende o blog.

9º) Comunica que hai unha páxina co Mapa da Corrupción en España no googlemaps.

10º) Comunica que mañá hai a intención de ir aos barrios para difundir as nosas ideas. Non é difícil so hai que explicar o que se fai aquí, o que sentimos étc.

11º) “Unha mentira repetida mil veces é verdade”. Referindose a manipulación dos medios de comunicación e sinala o caso recente de Islandia, invita a consultar interné para informarse sobre isto.

12º) Cuestiona a utilidade do pacifismo e invita a responder as agresión coa mesma contundencia.

13º) Comunica que no Campamento de Tarrasa a xente está cooperando para evitar o desaloxo dunha vivenda por orde de deshaucio... propón comportarse similarmente aquí.

14º) Sinala a esperanza no civismo deste movimento.

15º) Comunica unha movilización contra a Banca: o 30 de Maio que cada un retire un múltipo ou submultiplo de 10 por 155 (polo movemento do día 15 do mes V) por exemplo: 155 € , ou 15,5 € ou 1,55€ da conta do banco. E envíes un correo co asunto: 30mayo 15-5,a 30mayo@sincapitalismo.net.

FAISE UN MONÓLOGO.

FIN DA ASEMBLEA.


(ver Acta Completa)

No hay comentarios:

Publicar un comentario